ESTRADA DE TRANSPORTES, S.C.G. foi fundada no ano 1990 por un grupo de profesionais vidos do mundo do transporte, que decidiron unir os seus esforzos para crear unha das empresas de transporte máis importantes de Galicia.
O obxecto da cooperativa é atender as necesidades do mercado en canto a transporte de mercadorías por estrada, con ámbito Nacional.
O noso nivel de servizo e cumprimento son a mellor garantía para a satisfacción dos nosos clientes, o que permitiu desenvolver a traxectoria da cooperativa durante mais de 35 anos, ofrecendo sempre a mellor calidade.


ESTRADA DE TRANSPORTES, S. COOP. GALEGA, con CIF F36130961 recibiu unha axuda da Consellería de Promoción de Emprego, Comercio e Economía Social, con fondos recibidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), por importe total de 23.374,42 € para a anualidade de 2026 ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia “Bono consolida economía social”e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (Expte. TR802L-2026-00000016-00).

