No ano 1990 reúnense un grupo de transportistas para constituír unha Cooperativa de Transporte, con domicilio social en A Estrada, de aí o seu nome - Estrada de Transportes Sociedad Cooperativa.
Coa adaptación á lei de cooperativas no ano 2004 a nosa entidade pasa a denominarse 'Estrada de Transportes Sociedade Cooperativa Galega".
A adquisición de dúas naves no ano 2007, no Polígono Industrial de Toedo (A Estrada), permítenos dispoñer dun amplo espazo para carga, descarga e almacenaxe de mercadorías.
Actualmente constitúen a Sociedade 58 socios e dispoñemos de 65 camións.
Catro traballadores en equipo xestionan os departamentos de Tráfico e Administración.